
Mansión fidalga de orixe neoclásica, construída e logo reformada sucesivamente por Xose Crespo "Pai" e Antonio Crespo Papín "Fillo", o promeiro político lalinense que foi Alcalde de Lalín (1866), cando Donramiro era a capital municipal e a actual vila un punto intermedio entre zonas en desenvolvemento (Donramiro e Lalín de Arriba nomeadamente).
Atópase nun lamentable estado de abandono e desidia por mor da herdanza e da falta de interese pública para o seu uso social.
|